ID stringlengths 5 12 | summary stringlengths 0 1.73k | text stringlengths 0 68.7k |
|---|---|---|
NOS_45589 | Após as 45 manifestacións que quitaron miles de letrad@s ás rúas da Galiza na sexta feira, profesionais do dereito volveron mobilizarse contra o proxecto redactado polo ministerio de Gallardón que propón impostos iguais "para o señor que gaña 150 mil euros que para o que gaña 25 mil" | Adiantárono na sexta feira: haberá mobilizacións entrementres o goberno español non recúe e retire o proxecto de Lei de taxas xudiciais. E nesta segunda volveron ás rúas. Convocad@s polo Consello da avogacía galega e polos 7 Colexios de avogad@s, miles de profesionais da xustiza secundaron na Galiza o acto convocado a ... |
NOS_4922 | David Cal conseguiu a prata na proba de C 1 1000 despois de quedar segundo na proba que gañou o alemán Sebastian Brandel cun tempo de 3.47.176. | Despois dunha espectacular remontada nos 250 metros finais, o cangués David Cal consegue chegar segundo á meta cun tempo de 3.48.053 e traer, así, para Galiza a medalla de prata destes Xogos Olímpicos de Londres 2012. Deste xeito, Cal leva a súa quinta medalla olímpica na súa traxectoria polo que, ademais, pode dicir q... |
NOS_52391 | Álex Sampayo (Santiago, 1978) é un guionista, director e realizador galego. Traballou en publicidade, televisión e cine. Durante unha tempada compaxinou audiovisual e teatro, dedicándose agora aos escenarios a tempo completo. Actualmente fai parte da compañía Redrum Teatro coa que, como director, estrea este setembro o... | -Traballaches durante moito tempo en audiovisual e agora levas xa bastante anos dedicándote ao teatro, como foi ese cambio? -Levo traballando con Redrum Teatro oito anos facendo espectáculos. Ao prinicipio compaxinei unha cousa e outra, televisión, cine e teatro e dende xa fai varios anos estou exclusivamente con teatr... |
NOS_57089 | Con todo, o aínda vicepresidente primeiro da Xunta lembra que "calquera militante poderá presentarse" ao conclave que decorrerá en Pontevedra os días 21 e 22 de maio para elixir o sucesor de Alberto Núñez Feixoo. | Alfonso Rueda escolleu día e lugar —esta sexta feira, na Xunta Directiva do PP de Pontevedra— para ratificar que se presenta a liderar o Partido Popular galego unha vez que Alberto Núñez Feixoo deixou o cargo para marchar a Madrid. O aínda vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza e presidente do PP pontevedrés confir... |
NOS_35545 | Denuncian que a lei "só estabeleceu porcentaxes obrigatorias de contidos mínimos e financiamento para o español, sen ningunha indicación nin recoñecemento para as outras linguas alén da retórica baleira". | Representantes das entidades en defensa das linguas oficiais de todo o Estado —A Mesa pola Normalización Lingüística, Euskalgintzaren Kontseilua, Plataforma per la Llengua, Ómnium, ACPV, Escola Valenciana, Folc e Iniciativa Pol Asturianu— mobilizáronse na mañá desta quinta feira fronte ao Congreso, en Madrid, para denu... |
NOS_28367 | Coicidindo coa visita do monarca para inaugurar o curso escolar a organización estudantil convoca unha concentración fronte o colexio Ben-Cho-Shey en Pereiro de Aguiar (Ourense). | "Wert, Borbóns fóra da nosa nación". Ese é o lema lanzado pola organización estudantil Comités para convocar o estudantado a unha concentración o vindeiro 16 de agosto. Coincidindo coa visita do monarca español a Pereiro de Aguiar, Ourense, onde inaugurará o curso escolar, os Comités chaman a se mobilizar contra "o mod... |
NOS_25762 | Un "modelo común político" entre Podemos, Anova e EU para as eleccións municipais é o obxectivo que persegue a secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos. | A secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, avoga por que Podemos e os seus aliados, entre os que se atopan Anova e EU, partillen un "modelo común político" que integre "as sensibilidades de todos" de cara ás eleccións municipais de 2019. A respeito da cita electoral, Carmen Santos tratou de calar as voces ... |
NOS_7219 | S celestes foron superiores ao Atlético mais non foron quen de traducilo en goles e perderon (0-1) fronte aos madrileños. | Catro partidos despois o Celta caeu derrotado. Fronte ao Atlético de Madrid, que gañou en Balaídos xogando ao seu (0-1). En xogo venceron os celestes, pouca dúbida hai diso, mais iso non dá puntos. E o resultado, o que conta, foi para o peto dos 'colchoneros'. O partido comezou cun minuto de silencio en memoria das vít... |
PRAZA_1700 | O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez enterouse ao asistir á rolda de prensa, pois Sanidade non se puxo en contacto "incumplindo o acordado" | En Narón, Fene, Ares e Mugardos, xa poden consumir auga da billa con normalidade, tal como anunciaron responsables da Xunta en rolda de prensa. Na outra cara da moeda está Ferrol que segue co veto, e xa van 3 días. A última analítica levada a cabo deu un valor de trihalometanos de 130, cando deben estar por debaixo de ... |
NOS_1207 | Centos de tesouros do noso pasado precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. | As listas vermellas elaboradas por asociacións e colectivos de defensa do patrimonio de Galiza continúan a aumentar. Son listaxes nas que se inclúen aqueles bens e elementos do patrimonio que estean en grave risco de degradación, deterioro ou desaparición. Unha 'comisión científica' integrada por especialistas na mater... |
NOS_21852 | Convocará 1.163 prazas para persoal sanitario, docencia e administración xeral. | Ano de eleccións e Feijóo abre a billa das ofertas de emprego público. Simple coincidencia ou 'pensa mal e acertarás'? O presidente da Xunta anunciou esta quinta feira a "maior" oferta de emprego público no noso país desde a chegada ao poder do PP, en 2009. Un total de 1.163 novas prazas: 446 para docencia, 344 para sa... |
NOS_18416 | Tres das persoas acusadas non aceptaron o acordo co Ministerio Fiscal. | A Fiscalía e parte dos doce acusados pola ocupación en outubro de 2011 da Sala Yago chegaron a un acordo de conformidade que evita a entrada en prisión das persoas encausadas e reduce as penas que se pedían nun primeiro momento. Enfrontábanse a un delito de usurpación de bens inmobles con violencia, polo que o Minister... |
NOS_37871 | É unha das propostas máis singulares e arriscadas das músicas populares contemporáneas: a vasca Maite Arroitajauregui, Mursego. Este sábado presentará no Centro Galego das Artes Contemporáneas de Compostela o seu último disco, 100% Oion, dentro do festival Escenas do Cambio. | Aínda que máis que de disco, cómpre falar de proxecto. Hai un par de anos, a asociación veciñal Bitartean Jolasean solicitou propostas para mellorar a convivencia entre as distintas comunidades de Oion, un pequeno municipio alavés de apenas 3000 habitantes. Nel reside un importante número de poboación estranxeira e a s... |
NOS_45017 | Non puido ser. As seleccións galegas de fútbol gaélico non conseguiron superar Irlanda nos encontros que tiveron lugar na tarde de onte en Compostela. As mulleres perderon 27-5 e os homes, 29-22. | Os partidos amigábeis que enfrontaron Galiza con Irlanda remataron con derrotas para os combinados galegos. No caso da selección feminina, o dominio das irlandesas no terreo de xogo provocou que as galegas perderan por unha ampla marxe, 27-5. "As irlandesas xogaron moi ben e a diferenza era notábel desde o principio. N... |
NOS_24191 | Galiza recibirá un total de 92,9 millóns de euros dos 2.000 millóns aprobados polo Goberno estatal para repartir entre o ensino público dos diferentes territorios. Representa o 4,6% do total da axuda. | Galiza recibirá un total de 92,9 millóns de euros do 'fondo covid', dotado con 2.000 millóns de euros e que o Goberno estatal transferirá ás comunidades autónomas como investimento no sector da educación. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte a orde, que xa entrou en vigor. A cantidade que adxudicada á Galiza... |
NOS_48135 | A Feira do Disco e o Libro Galego de Monterroso acadará este sábado, 17 de marzo, a súa terceira edición. A asociación cultural 25 Xastres, que organiza o certame, define así a súa iniciativa: "Un punto de encontro no que poder gozar da cara máis lúdica da cultura" | Librarías, editoras ou discográficas conforman a vintena de postos que encherán a coñecida Cúpula -un pavillón multiusos- da vila ulloá. E presentacións e concertos puntuarán unha xornada da que os seus promotores tamén salientan "o galego como lingua vehicular". Entre as actuacións atópanse as de Xurxo Souto -o seu es... |
NOS_48232 | As temperaturas baixan e oscilarán entre os 3 graos de mínima de Lugo e os 14 de máxima de Vigo e Ourense. | Toda a costa da Galiza estará esta segunda feira en senllos avisos amarelos por ventos de forza 7 no mar, así como por ondas que poderán alcanzar entre catro e cinco metros de altura. Segundo o boletín de avisos de Meteogaliza, os fortes refachos de vento do noroeste na costa afectarán a comarca lucense da Mariña e o n... |
PRAZA_20590 | Pilar Cancela di que a formación galega se sente "cómoda" na definición de España plurinacional que promove a nova dirección do PSOE, que estivo representada por Adriana Lastra no acto do Día Nacional dos socialistas galegos | A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, apostou neste 25 de xullo pola "autonomía do federalismo" e polo idioma galego como "primeiro e máis importante elemento vertebrador" da identidade no país. Durante o acto polo Día Nacional de Galicia que cada ano os socialistas galegos celebran ante o busto de Castelao ... |
NOS_42198 | Veciñas e veciños reuníronse en asemblea e decidiron comezar a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Na xuntanza lembraron a familia dunha nena de 12 meses que padeceu o atraso dunha ambulancia nun traslado ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). | A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, realizou esta sexta feira unha asemblea veciñal na Alameda de Seixo, para informar, segundo explican nun comunicado, "da grave situación do ... |
NOS_32084 | Leva 6 meses ao fronte da secretaría xeral de Compromiso por Galiza e fai un balanzo positivo deste tempo. Galeguista firme e socialdemócrata centrado, Juan Carlos Piñeiro vende futuro ao falar de Compromiso. O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. E,... | En que momento está Compromiso por Galicia? Coido que está nun bon momento. Tivemos un traspés nas autonómicas, digo isto sen paliativos, e a partir daí decidimos reiniciar o proxecto e hoxe en día podemos dicer que estamos ben, moi ben, a estratexia de implantación territorial está a funcionar, hai moita ilusión na xe... |
PRAZA_14624 | Para o Seminario Galego de Educación para a Paz a decisión "contribúe a desacreditar, aínda máis, o citado galardón entre a cidadanía". A entidade considera que a EU "non é o modelo de democracia xenuína que soñaron os seus fundadores e parécese máis a un estado fortaleza" | O Seminario Galego de Educación para a Paz manifesta "a súa máis profunda indignación" pola concesión do Premio Nóbel da Paz 2012 á Unión Europea, e afirma que a decisión "contribúe a desacreditar, aínda máis, o citado galardón entre a cidadanía". A entidade considera que hoxe a UE "coas súas institucións pragadas de b... |
PRAZA_148 | Francisco Martínez Leira, Pancho, foi asasinado pola Garda Civil en Pontedeume o 31 de decembro de 1954. No 60 cabodano da súa morte un ciclo de actos homenaxean unha das persoas que durante máis tempo mantivo activa a acción da guerrilla en Galicia. | "Francisco Martínez Leira, Pancho, era el último superviviente de las partidas guerrilleras que operaban en Galicia (...) Con este excepcional servicio de la Guardia Civil se pone fin a unas actividades subversivas de las que desde hace unos años era el único superviviente. Con su muerte queda completamente pacificada ... |
PRAZA_2658 | En 2014 creceu o investimento por primeira vez dende o 2008, pero a cifra segue máis de 100 millóns por debaixo daquel ano. Tamén mellora algo o emprego, pero a recuperación dáse unicamente no sector privado. | A ciencia galega tocou fondo. Despois de anos de descensos nas cifras de investimento en I+D e no número de traballadores e traballadoras en labores de investigación, en 2014 as estatísticas oficiais, que onte fixo públicas o INE, amosan unha leve recuperación en todos os indicadores. Porén, as cifras de financiamento ... |
NOS_16897 | Esperan chegar ás 5.000. | A petición para a readmisión da ex directora do CEIP Luís Seoane de Oleiros, "obrigada a dimitir", segundo denunciou a comunidade educativa do centro, após o esquecemento dun menor no bus escolar, logrou até o momento máis de 3.100 apoios á primeira hora desta segunda feira. Así se recolle na plataforma change.org como... |
NOS_590 | Movistar, a filial da multinacional española, deixou sen servizo 16 millóns de persoas en abril e non reparou os danos. O Goberno impón agora unha sanción e ínstaa a devolver a cada persoa afectada unha cantidade que ronda os 2€ na vindeira factura | Arxentina impón unha sanción de 32 millóns de euros --185 millóns de pesos-- á multinacional española Telefónica pola avaría nos seus sistemas que deixou sen posibilidade de comunicación a través do móbil a 16 millóns de usuarias e usuarios a principios de abril. Unha porcentaxe menor da cidadanía ficou tamén sen servi... |
NOS_56504 | Non hai tregua nen respiro. Após desfacerse con clareza dos rusos do Krasnodar, o Celta pensa xa no Genk belga, a equipa que lle deparou o sorteo realizado esta sexta feira en Nyon para disputar os cuartos de final da Europa League. Claro que antes diso agarda #onosoderbi este domingo en Riazor (18.30 horas). | Os emparellamentos dos cuartos de final da Europe League son os seguintes: Celta-Genk. Anderlecht-Manchester United Ajax de Amsterdam-Schalke 04 Lyon-Besiktas. Como xa aconteceu nas últimas dúas eliminatorias, o Celta disputará a ida en Balaídos, o 13 de abril. Unha semana despois, o 20A, a equipa viguesa visitará o Lu... |
NOS_22602 | O día 10 de outubro, ás 20 horas, María do Cebreiro presenta A herba de namorar de na Sala Numax (Santiago de Compostela). O libro é unha antoloxía dos seus vinte anos de produción literaria. | Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en 50 poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de O estadio do espello (1998) até Soños. Arquivos. Cartas (2018). A presentación do libro terá lugar na sala Numax, en Santiago de Compostela, ás 20 horas do quinta feira 10 de outubro, e co... |
NOS_34242 | Unha onda de violencia reabre a crise na capital de Ucraína que mantén unha forte tensión entre @s manifestanstes atrincheirad@s e as forzas gobernamentais. Imaxes no interior. | Con este novo episodio de violencia, @s manifestantes exixen máis mudanzas ao goberno ucaíno --en funcións após presentar a súa demisión e convocar eleccións antecipadas. Se ben a pasada semana o Parlamento aprobou unha amnistía para @s opositor@s que foran detid@s após iniciárense os protestos, desde as barricadas erg... |
NOS_38788 | Antón Gómez-Reino sinala que "é absolutamente imprescindíbel que a Xunta ordene a fabricación destes elementos" ás empresas galegas que teñan capacidade para producilos. | O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, exixiu esta segunda feira o "reparto inmediato das 500.000 máscaras protectoras que o Goberno galego mantén aínda almacenadas e sen distribuír". Ao tempo, Gómez-Reino apremiou á Xunta a realizar coa "máxima urxencia" as xestións pre... |
PRAZA_9906 | Esa enfermidade infantil que infesta de debilitamento a esencia do corpo social que sustenta a esquerda española e o nacionalismo galego, ata deixalos sen capacidade de reacción diante das posicións reviradas dunha dereita franquista | "Viver é fazer meia com uma intenção dos outros. Mas, ao fazê-la, o pensamento é livre, e todos os príncipes encantados podem passear nos seus parques entre mergulho e mergulho da agulha de marfim com bico reverso." (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).Unha das doenzas crónicas que veñen padecendo os concellos ga... |
NOS_39903 | É un dos monarcas máis criticados pola historiografía españolista e máis celebrado nas crónicas europeas e árabes. Criado no círculo familiar dos Guterres en Celanova, actuou o servizo do partido galego, ganándose a estima dos musulmáns, malia derrotalos na batalla de Simancas de 939 e destacou no combate contra os cas... | Ramiro era fillo dos reis galegos Ordoño II e Elvira Mendes. O primeiro, educado en Zaragoza como parte da política de achegamento da coroa ao mundo musulmán, actuou como un instrumento do partido galego, residindo en Galiza boa parte da súa vida. A segunda, filla de Hermenexildo Guterres, o auténtico líder da nobreza ... |
NOS_9120 | O comité clínico tamén recomendou levantar as limitacións extra que foran marcadas en concellos da Costa da Morte. A evolución epidemiolóxica da área sanitaria da Coruña e Cee permite que Carballo, A Laracha, Ponteceso e Laxe retomen as medidas da "nova normalidade" do resto da Galiza. | A reunón desta cuarta feira entre responsábeis da Consellaría de Sanidade e expertas e expertos do comité clínico asesor respecto á evolución e prevención da Covid-19 na Galiza rematou coa decisión de estabelecer novas restricións en Silleda e Marín. Ao tempo que se optaba por reducir as limitacións en catro municipios... |
NOS_47131 | A decisión blinda a maioría absoluta do PP por 5 anos no consello de administración da CRTVG mesmo se perder as próximas eleccións. | PP e PSOE acordaron esta terza feira (14 de xullo) renovar o Consello de Administración da CRTVG e os nomes que integran o Consello de Contas. Após a Xunta de Portavoces, decorrida durante a mañá, o reparto pactado outorga 4 representantes ao grupo parlamentar popular e 2 ao socialista, o que blinda a maioría absoluta ... |
NOS_49771 | O mundo creado por Manuel Ayaso é unha mestura de inocencia e perversidade, un universo recoñecíbel e transgresor. | O Museo do Gravado á Estampa Dixital, situado na parroquia de Artes (Ribeira), nun fermoso espazo rural do Barbanza, é un auténtico tesouro agachado, quer polas súas coleccións de obra gráfica e bibliográficas, quer polos seus interesantes proxectos expositivos sempre ao servizo da divulgación das artes do gravado. Kaf... |
NOS_33558 | O proxecto de improvisación en verso impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Compostela e Teo fallouse esta sexta feira. | O certame Enreguéifate destinado a apoiar a difusión da regueifa, a improvisación oral en verso, que se centra a través dela na difusión da lingua galega vén de dar a coñecer as gañadoras da edición 2021 nas categorías Escolar e Xeral. Desde a organización comunican que a pesar de ser este 2021 un ano tamén marcado pol... |
PRAZA_19002 | Un xulgado da Coruña anula a multa imposta á concelleira socialista Catalina Morado por participar nunha protesta contra os recheos nunha praia da localidade | En maio de 2014 veciñanza e colectivos ecoloxistas alertaron dos efectos prexudiciais para a costa que, ao seu xuízo, ía ter para a Praia Grande de Miño o recheo con area procedente do porto exterior da Coruña que estaban a impulsar o Goberno central e o Concello da localidade. Cando comezaron os traballos un grupo de ... |
QUEPASA_674 | O verán está traendo o levantamento dalgunhas restriccións para o ocio nocturno, e coa esperanza de volver a disfrutar das verbenas nas nosas vilas. E pómo non só das grandes orquestas vive o mundo das festas, tratamos de coñecer un pouco máis a Rocío Fouz, vocalista e coreografa do grupo La Bamba. | A.G.: Cando foi esa primeira vez que te interesaches pola música? Nacin e crecin nunha familia de artistas, jeje. Miña avoa era cantante profesional, meus tíos, miña nai e miñas irmáns cantan, non se dedican a iso, pero levamos a música moi dentro! Así que era a miña paixón desde moi pequena e en canto tuven oportunida... |
NOS_19635 | O número de contaxios confirmados na última xornada supera os 1.300. | (En ampliación) Camiño dos 15.000 casos activos de Covid-19, coa presión hospitalaria a aumentar día tras día e xa abeirando os 900 ingresados e un rimo de contaxios confirmados que non baixa dos mil diarios, os escenarios a curto prazo da pandemia na Galiza non deixan marxe para o optimismo. Os dados da Consellaría de... |
NOS_57242 | O máis célebre dos poetas alófonos en galego, Federico García Lorca, coñecerá unha nova edición dos seus poemas en lingua galega. Acompañada de seis estudos obra de investigadores e autoras contemporáneas, os Seis poemas galegos segundo a editorial Chan da Pólvora conmemora dous feitos de xuño fulcrais: a aprobación do... | É o Día do Orgullo Galego que, desde hai dous anos, celebra a editora dirixida por Antón Lopo. Publicar Seis poemas galegos -orixinais de 1932- con materiais adicionais será a maneira de honrar a data. O filólogo Luís Cochón e o académico Manuel González encárganse do traballo ecdótico, que inclúe "un labor ata agora n... |
PRAZA_17685 | ENTREVISTA | O sociolingüista bengalí Anik Nandi, ex-alumno dos cursos Galego sen fronteiras, volveu como conferenciante para falar do estudo que desenvolveu sobre a transmisión interxeracional da lingua galega. | Anik Nandi (Burdwan, A India) é un sociolingüista bengalí, doutor en Linguas pola Heriot-Watt University de Edimburgo. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola University of Burdwan (A India), obtivo o diploma de estudos avanzados na Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Filoloxía Galega. Traballa ... |
PRAZA_11585 | "Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei", reclama Antón Sánchez | "Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei", reclama Antón Sánchez"Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei, e coas explicacións que lle pedimos terá que demostrar que non utiliza a súa posición no Goberno... |
NOS_38603 | Foi este o titular empregado nos informativos da emisora pública para resumir a situación da anciá da Coruña que podería quedar sen casa por demorar no pagamento dun mes de alugueiro. Namentres, o apoio aos bombeiros que non quixeron facer parte do despexo medra e xunta máis de 30 mil sinaturas | "Só se move polos cartos". Foi este o titular escollido na Crónica das oito de onte da Radio Galega para resumir a situación en que se atopa Aurelia Rey, a muller de 85 anos veciña da Coruña sobre quen pesa unha orde de desafiuzamento por demorar no pagamento dun mes de aluguer. A propietaria do edificio en que mora Au... |
NOS_2271 | A carreira cara á atomización da esquerda estatal de raíz non socialdemócrata coñece un novo episodio na asemblea rexional da Rioxa. O grupo parlamentar de Unidas Podemos pasou a mellor vida. IU (1 escano) apoia a candidata socialista, Podemos (1) non. | A correlación de forzas no Parlamento rioxano é neste momento de 16 votos a favor da candidata socialista á presidencia Concepción Andreu (15 do PSOE e 1 de IU) e 16 en contra (12 do PP e 4 de Cs). Desempata o voto da única parlamentar de Podemos, Raquel Romero. O debate arredor do apoio ou non a Concepción Andreu acab... |
NOS_4048 | "Esperabamos máis sensibilidade do Goberno do Canadá. E tamén dos Estados Unidos, que son os países que están máis perto", lamenta Pedro Arana, presidente da Asociación de Peruanos da Galiza. | Familiares de vítimas do naufraxio do pesqueiro galego no Canadá pediron que se continúe cos labores de busca dos doce desaparecidos e que se esclarezan os motivos polos cales o barco afundiu, logo de que as autoridades canadenses desen por finalizadas as tarefas de rastrexo a última hora desta cuarta feira. En declara... |
PRAZA_17024 | A Cámara galega inicia novamente, a iniciativa do BNG, a tramitación do traspaso despois de que o tribunal tombase os argumentos empregados de xeito xenérico por Rajoy para evitar sequera debater esa e outras iniciativas | HEMEROTECA | O Constitucional desmonta o argumentario do Goberno de Rajoy para vetar a lei do traspaso da AP-9 Por terceira primavera consecutiva, e por iniciativa do BNG, o Parlamento de Galicia volverá pedir ao Congreso dos Deputados que debata unha proposición de lei para transferir a titularidade da autoestrada AP-... |
NOS_29166 | Entre os 13 integrantes do directorio da pasteira atopamos dirixentes de asociacións agrarias, persoas con cadeira en pontes de mando de multinacionais, ex-altos cargos do PP, responsábeis de grupos eléctricos ou accionistas millonarios de adegas. Iso si, galegos, nin o primeiro. | O consello de administración de ENCE está formado por 13 persoas máis o secretario. Un directorio no que non faltan apelidos compostos e nomes de peso no mundo bancario e empresarial español, tamén no político. Hai madrileños, vascos, navarros, andaluces, castelán-leoneses e castelán-manchegos. Mais no consello da past... |
NOS_55749 | Máis un ano o guerrilleiro antifascista Luis Trigo Chao, alcumado 'O Gardarríos', voltou ao presente da man do colectivo Memoria da Mariña en Lourenzá e Mondoñedo. | Mondoñedo e Lourenzá lembraron este sábado a figura do 'Gardarríos' e todas aquelas persoas que participaron da resistencia contra a ditadura franquista. A xornada deu comezo pasado o mediodía en Mondoñedo cunha palestra do historiador Carlos Nuevo, que estivo acompañado de veciñas e veciños que ofreceron o seu relato ... |
PRAZA_10976 | Salvo que haxa entre hoxe luns e mañá martes, 16 e 17 de setembro, algún xiro dramático no acontecer das cousas, o 10 de novembro voltaremos a ter eleccións. E o motivo real é que o socio preferente do PSOE sempre foi Ciudadanos. | Escribo este relato ao fío da media tarde do luns 16 de setembro, en plenas consultas do monarca do reino de España cos distintos candidatos e candidatas dos partidos políticos con representación parlamentaria para intentar non ir as urnas o 10 de novembro. Unha repetición de eleccións que en nada favorece nin ao país ... |
NOS_55194 | Esta quinta feira, 27 de outubro, a Semana de Cine Euroárabe Amal reproducirá After Spring, un documentario que inmortaliza a crise das persoas refuxiadas sirias con imaxes de Zaatari, o segundo campamento máis grande do mundo. Tamén presentará 3000 noites, un filme sobre a esperanza das presas palestinas. | Continúa unha nova edición do festival de cinema Amal, en que as mulleres son as protagonistas, e faino con After Spring, un documentario sobre a crise que sofren as persoas refuxiadas. A fita poderá verse esta quinta feira, ás 20h, no Auditorio Abanca de Santiago. Dirixido por Ellen Martínez e Steph Ching, o documenta... |
NOS_11853 | A segunda empresa en cotización bursátil do planeta, Google, e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba asinaron esta segunda feira un acordo para aumentar a velocidade de conexión na illa aos produtos do xigante tecnolóxico norteamericano. | O desxeo EUA-Cuba tivo unha potente tradución simbólica esta segunda feira coa asinatura dun acordo entre Google -a segunda empresa en cotización bursátil do mundo, só superada pola tamén norteamericana Apple- e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba. O goberno cubano ten o obxectivo estratéxico de estender o u... |
NOS_50965 | Unha enquisa de 'Electomanía' revela que a poboación galega ten un maior sentimento de afecto cara á Galiza que a catalá a respecto de Catalunya ou a vasca con Euskadi. | A poboación da Galiza, Catalunya e Euskadi é a que menos "sentimento identitario" ten cara ao Estado español. Esa é a principal conclusión que se extrae da enquisa que vén de publicar o portal Electomanía. Nunha escala de 1 a 10, as galegas e galegos que participaron da enquisa outorgaron unha puntuación media de 3,9 a... |
NOS_32316 | Nas sete cidades galegas, convocadas polo BNG. | O BNG convoca concentracións nas sete principais cidades galegas nesta quinta feira, 8 de novembro, para mostrar o rexeitamento contra a decisión do Tribunal Supremo "a favor da banca e en contra das persoas" no impostos das hipotecas. Outro colectivos, como a PAH Vigo- Tui Baixo Miño tamén convocan accións, desta volt... |
PRAZA_14907 | Antón Sánchez, futuro deputado de AGE no Parlamento, asegura que a coalición "será unha forza á ofensiva" na Cámara. Este labrego de Bergondo confía no futuro da formación e advirte, tras o éxito urbano de Alternativa, que "todos os cambios de tendencia política en Galicia empezaron nas cidades". | Antón Sánchez, número tres de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) pola Coruña nas pasadas eleccións, entrará no Parlamento en poucas semanas. Deixará un chisco de lado o seu traballo no campo, no seu negocio de horticultura en Bergondo, para atender as súas responsabilidades políticas nunha Cámara á que chega coa etiq... |
PRAZA_16862 | A conexión da autoestrada coa Cidade da Cultura é outro exemplo da capacidade que ten Audasa de condicionar melloras de infraestruturas mesmo tan sinxelas como esta, de só 3,3 millóns | A conexión da autoestrada coa Cidade da Cultura é outro exemplo da capacidade que ten Audasa de condicionar melloras de infraestruturas mesmo tan sinxelas como esta, de só 3,3 millóns"Este proxecto naceu nun plan sectorial viario que aprobamos na Xunta en 2003, cando era eu conselleiro". Así admitiu este mércores o pre... |
NOS_7144 | A CIG vén de denunciar a intención da Xunta e da Consellería de Sanidade de camiñar cara á privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas). | A central nacionalista alerta do "recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores". O Real Decreto que está as elaborar o goberno sobre o control dos procesos por incap... |
NOS_22298 | Marcelo Crivella tem-se manifestado a favor do 'dever de submissao' da mulher e cualificou como "conduta maligna" a homossexualidade. | A começos de outubro a direita ganhava a prefeitura de São Paulo, a cidade com mais população do Brasil e até o momento governada pelo PT, com um candidato milionário que criticava a política. E o mês acaba com uma nova vitória da direita, desta vez da mão de um destacado membro da hierarquia da evangelista Igreja Univ... |
NOS_13897 | Todo o que precisas saber sobre as últimas mudanzas aprobadas por Sanidade no que atinxe ás corentenas, detección de casos de coronavirus, uso da máscara e asistencia a eventos deportivos. | A Comisión de Saúde Pública do Estado acordou esta terza feira actualizar o protocolo de vixilancia fronte á Covid-19. Deste modo, a partir da vindeira segunda feira os casos leves e asintomáticos deste coronavirus non deberán manter illamento nin gardar corentena, que queda suprimida tamén para os contactos estreitos.... |
PRAZA_1952 | A conselleira cre que "o tempo porá todo no seu lugar" e destaca que o centro foi "construído na maior crise económica e financeira deste país". Besteiro, pola contra, considera a xestión do Álvaro Cunqueiro un "gran fiasco" que "levará por diante a Feijóo". | Mentres desde a Xunta se minimizan os problemas no novo hospital de Vigo, desde a oposición cren que o "gran fiasco" que na súa opinión supón o novo centro "levará por diante a Feijóo". Así de contrapostas son as declaracións duns e doutros sobre a polémica infraestrutura de Beade e o caótico traslado, paralizado pola ... |
PRAZA_5847 | En 2013, o goberno iniciou un procedemento para reformar o Código Penal e para introducir un anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección da Seguridade Cidadá. Ambos textos afectan directamente ao exercicio do dereito á liberdade de expresión e de reunión. | Os Estados teñen a obrigación de respectar, protexer e facilitar o exercicio destes dereitos, é dicir, de garantir que os seus propios axentes non os violan, e que estes dereitos non son obxecto de restricións O dereito á liberdade de reunión pacífica, xunto aos dereitos, estreitamente relacionados, á liberdade de asoc... |
NOS_29968 | Demanda a actualización das indemnizacións. | A Federación Rural Galega, Fruga, demanda das administracións competentes que se faga unha actualización dos importes que se perciben polo sacrifico de animais, derivados da erradicación das enfermidades suxeitas a programas estatais sanitarios. Neste caso, indica a Federación, na Galiza tense sacrificado un importante... |
PRAZA_20852 | O tribunal anula, por atentar contra a libre competencia, a esixencia de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan aparellos comecartos conte coa sinatura do propietario destes | O tribunal anula, por atentar contra a libre competencia, a esixencia de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan aparellos comecartos conte coa sinatura do propietario destesA Audiencia Nacional vén de anular, a petición da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), a esixencia estab... |
NOS_31171 | En Pontevedra, na cidade onde se está a desenvolver o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, é onde se xuntarán en outubro representantes das literaturas vasca, catalana e galega na nova edición do Galeusca, desta volva dedicado á escrita para o público máis novo. | Na última semana de outubro, a cidade de Pontevedra acollerá unha nova edición do Galeusca, o encontro das literaturas galegas, catalana e vasca que cada ano organiza a Federación Galeusca de maneira rotatoria entre as tres nacións. Desta volta, a literatura galega é a anfitriona e a cidade de Pontevedra o espazo escol... |
NOS_24776 | Fruga e o Sindicato Labrego Galego recoñecen sintonía nas súas reivindicacións e abren a porta a constituír unha gran plataforma sindical en defensa do sector lácteo. | No ano 2015, no anterior gran conflito polos prezos do leite, xurdiu unha plataforma en defensa do sector lácteo que compartía obxectivos e falaba cunha soa voz a prol dos intereses das gandeiras e os gandeiros do país. Na actualidade, co problema dos baixos prezos que se pagan polo leite aínda latente, o encarecemento... |
NOS_10779 | Tamara Echegoyen e Sofía Toro, integrantes xunta a asturiana Ángela Pumariega do equipo da categoría Elliot 6 de vela, disputaban esta tarde nas semifinais Match Race contra Rusia, nos xogos olímpicos de Londres. Despois dun rifado empate, acadaron a vitoria en Portland. | O trío "Xiquitas Team", con Tamara Echegoyen de patrona, Sofía Toro e Ángela Pumariega na tripulación gañou a terceira regata a Rusia e loitará polo ouro contra Australia, que se impuxo a Finlandia noutra rifada eliminatoria, mañá sábado ás 14.00. A organización deixou en tres regatas as cinco previstas, por mor da fal... |
NOS_29546 | Dentro ciclo De Lugares e Órganos,proxectouse na sala Numax apelícula O carnaval das ánimas, un filme dirixido por Mark Harvey en 1962, que remataría converténdose, co tempo, nun filme de culto. | O pasado agosto desfrutamos, dentro ciclo De Lugares e Órganos, da proxección na sala Numax da película O carnaval das ánimas. Dirixido por Mark Harvey en 1962, este extraordinario filme de terror de baixo orzamento remataría converténdose, co tempo, nun filme de absoluto culto. A cinta adiántase en moitos aspectos ao ... |
NOS_18255 | O BNG demanda o estabelecemento de límites para os prezos dos produtos sanitarios básicos fronte "a especulación" e a falta de material, e aposta pola creación dunha empresa pública que garanta os subministros. Ademais, Ana Pontón anunciou que, unha vez se recupere a normalidade, pedirá unha comisión de investigación p... | Intervir os prezos dos produtos sanitarios que son básicos na loita contra o coronavirus, pediu a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, nesta cuarta feira, 8 de abril. A líder do BNG, nunha rolda de prensa telemática, puxo o foco sobre o incremento exponencial dos prezos dos produtos sanitarios e... |
NOS_28123 | En comparecencia de imprensa após unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, Feijóo sinalou o 24 de Xullo como "xornada de conmemoración dun dos nosos días máis tristes" | Sete días de loito oficial. Anunciounos o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en comparecencia de imprensa posterior á reunión extraordinaria do seu goberno convocada a raíz do accidente ferroviario rexistrado esta cuarta feira en Angrois, Compostela. Feijóo cualificou o acontecido de "magna traxedia" e acrecent... |
PRAZA_7600 | O Bloque recibe unha delegación das forzas políticas representadas no Parlamento vasco por EH-Bildu e Guillerme Vázquez subliña que "a ausencia de autogoberno real sempre estivo na raíz dos problemas" de Galicia | O BNG estreita lazos coa esquerda abertzale. A formación frontista recibiu este mércores unha delegación dos grupos políticos actualmente representadas no Parlamento vasco por EH-Bildu para, a través do seu responsable de relacións internacionais, Niko Moreno, amosar o acordo de ambas forzas na necesidade de reivindica... |
NOS_34198 | Tamén Iparralde, Catalunya Nord, Antillas ou Illa Reunión realizarán ese día actos para reclamar "un estatus para a nosa cultura" fronte ao centralismo francés. | O vindeiro 24 de outubro haberá unha vaga de mobilizacións en diferentes territorios baixo soberanía francesa para defender as súas culturas e linguas fronte ao centralismo francés. Bretaña, Alsacia, Córsega, Occitania, Iparralde e Catalunya Nord van ser escenario de actos de diferente tipo baixo o cjamdo 'Un estatus p... |
NOS_624 | A despenalización da eutanasia chegou ao Congreso para dar resposta a un debate social aceptado, mais tamén a unha demanda e a un desexo reais expresados pola cidadanía. No marco desta nova andaina lexislativa os coidados paliativos atenden dous dereitos distintos, con carencias e exixencias diferentes. | Eutanasia e coidados paliativos. Son dúas cuestións distintas, dúas respostas diferenciadas que atenden a necesidades particulares. Segundo as fontes expertas consultadas por Nós Diario, ambas son dereitos adquiridos polas persoas, froito da carencia e do consenso social, mais tamén dun longo "exercicio de concienciaci... |
NOS_35557 | Unha Proposición non de lei do BNG instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas "por unanimidade" en setembro para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. O representante do PP acusou o BNG de "impoñerlle á xente o que ten que falar". | A deputada nacionalista Ana Pontón defendeu na tarde desta terza feira unha Proposición non de lei na Comisión de Educación e Cultura do parlamento galego, PNL na que instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas "por unanimidade" o pasado mes de setembro do 2014 para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de No... |
NOS_49741 | Nun poboado indíxena da illa de Tanna, en Vanuatu (Melanesia), o neto do xefe da tribo namora dunha rapaza. Un amor prohibido segundo as costumes ancestrais. | Estamos no ano 1987. Toda Vanuatu está ameazada pola civilización... Toda? Non. Unha aldea poboada por irredutíbeis indíxenas resiste agora e sempre ao cambio de costumes... Tanna foi un dos filmes que optaron ao Óscar a Mellor Filme de Fala Non Inglesa na pasada edición dos premios da Academia de Hollywood. O título f... |
NOS_57927 | ACNUR alerta das condicións nas que se atopan 10 mil persoas atrapadas en Serbia. Ankara negocia coa UE actuar como tapón. | Chega o mal tempo e a situación que atinxe milleiros de persoas refuxiadas que tentan chegar á UE empeora. Segundo denunciou na xornada de onte o voceiro do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), Melita Sunjic, arestora por volta de 10 mil persoas atoparíanse atrapadas en Serbia. "É como un gra... |
PRAZA_6260 | O IGADI analiza nun novo IGADI Paper a conxuntura emanada do XLVI cumio deste organismo de integración en América do Sur, celebrado o pasado 29 de xullo en Venezuela, así como as perspectivas que se abren de cara a eventuais socios estratéxicos, como China. | O IGADI analiza nun novo IGADI Paper a conxuntura emanada do XLVI cumio deste organismo de integración en América do Sur, celebrado o pasado 29 de xullo en Venezuela, así como as perspectivas que se abren de cara a eventuais socios estratéxicos, como China. Con motivo do XLVI Cumio do MERCOSUR celebrado o 29 de xullo e... |
NOS_32611 | A economista Natividad López Gromaz prosegue co ciclo de análises. | O drama poboacional que sofre Galiza desde hai décadas non é un segredo para ninguén. É un grave problema enquistado desde hai tempo que ameza o noso futuro como país, nomeadamente o das provincias de Lugo e Ourense, onde este problema se ceba con especial intensidade.A perda e o envellecemento de poboación vén sendo a... |
PRAZA_15719 | A formación galega confía aínda na negociación para conformar un grupo galego e ve opcións "se o PSOE quere aspirar a construír algunha alternativa de goberno". De pecharse todas as portas, a coalición optaría por integrarse nun grupo plurionacional xunto a En Comú e Compromís | En Marea insiste no seu dereito a ter grupo propio, no cumprimento dos requisitos do regulamento e na "fraude de lei" que suporía que a Mesa do Congreso non o permitise. Pero o horizonte é escuro para a formación galega. PP e Ciudadanos teñen a maioría da devandita Mesa grazas ao acordo co PSOE, que a cambio se fixo co... |
NOS_39088 | Renfe presume dos beneficios da chegada do AVE á Galiza, que segue a manter numerosas eivas na rede ferroviaria interna. Lugo non ten conexión directa, e a única frecuencia diaria a Compostela, con escala en Ourense, tarda arredor de tres horas. | Renfe destacou esta segunda feira que a chegada do tren de alta velocidade (AVE) á Galiza o 21 de decembro e "a ampliación de frecuencias e destinos" dos billetes integrados "mellorou as opcións" de viaxe entre o país e o resto do Estado español. A través dun comunicado, a operadora defendeu os beneficios da redución d... |
PRAZA_12591 | E mentras tanto, as bruxas crecen, crecen e crecen e non deixan de protestar. Nunca houbo tantas bruxas por metro cadrado coma neste ocaso da modernidade tardo-capitalista e occidental que estamos a vivir. Lástima, iso si, que boa parte desas bruxiñas, logo de patalexar e gritar consignas de manifa en manifa, afirmen g... | É un ensaio que aínda está por escribir, e pode que máis que un ensaio acabe resultando un amplo "tratado histórico sobre a paranoia"; apto para laicos cansos do hipócrita puritanismo e da impertinencia verbal do clero parasitario a escala global. Mais, antes de comezar o tratado, hai que pasar por un trance tan traumá... |
NOS_15353 | O prezo mínimo desta sexta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 14 e as 15 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas. | O prezo medio da electricidade no mercado maiorista baixa esta sexta feira até os 298,81 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horario... |
NOS_35467 | Luis Villares considera que posibilitaría unhas "expectativas de futuro" para evitar a emigración destas comarcas. | Unha delegación de En Marea co seu portavoz nacional á cabeza, Luis Villares, reuniuse esta segunda feira co comité de empresa de Endesa nas Pontes, unha xuntanza na que destacou a oportunidade e importancia de apostar nas "enerxías renovábeis" centradas na "eólica mariña" como para alicerce para un plan industrial par... |
NOS_8879 | Día negro para os mariñeiros galegos. Durante a madrugada de onte, un pesqueiro de Marín con 24 tripulantes a bordo lanzaba unha alerta de emerxencia. Os equipos de rescate apenas puideron atopar tres superviventes entre os cascallos do naufraxio, mais non localizaron o buque. Foron recuperados dez corpos. | Ás 5.24 horas da terza feira (00.24 no Canadá), o pesqueiro Vila de Pitanxo, con base en Marín e que faenaba a 450 km da costa canadense de Terranova, emitiu dúas alertas de emerxencia, unha por medio dunha radiobaliza e outra por medio dunha chamada selectiva dixital, tras o que foi imposíbel contactar co buque. Media... |
PRAZA_56 | ENTREVISTA Carlos Negro desprende sensibilidade. A súa capacidade de empatía é a que fai que publique libros como 'Penúltimas tendencias', co que combate estereotipos, roles de xénero e a violencia contra as mozas. Unha entrevista de Romina Bal. | Carlos Negro desprende sensibilidade, pódese apreciar a suavidade do lilá nas súas palabras. Cando recita transfórmase, muda, con forza e enerxía, coa experiencia das aulas e o sentir da vida. E é esa capacidade que atesoura de empatía a que fai que publique libros como Penúltimas Tendencias, editado na colección Fóra ... |
NOS_36049 | O deputado e coordenador da formación, Antón Sánchez, considera que son tempos de "unidade popular" e non de se centrar na "reunificación do nacionalismo". | Antón Sánchez, deputado de AGE e coordenador de Anova, reiterou nesta segunda feira a aposta na"acumulación de forzas de esquerda" cara ás eleccións xerais, unha cita que vai decorrer nunha "situación social de emerxencia". Para Sánchez, a candidatura galega para eses comicios debería de se artellar para dar cabida "a ... |
NOS_11400 | Receitas de endivias con queixo e frotios secos, garavanzos con espinacas de Tato, e flan xaponés con biscoito. | —Endivias con queixo e froitos secos. Elaboración: Límpanse as endivias e escóllense follas enteiras. A lume medio, nunha tixola cun chisco de aceite morno fúndese o queixo en anacos, engadindo a nata e remexendo. Botamos sal e pementa moída, mexendo 3 min desde o fervor até acadar un mollo tirando a espeso. Colócanse ... |
NOS_55778 | Vén de morrer Alfonso Silvent, o fillo de José dos Bonecos, que mantivo a memoria do títere máis popular da Galiza no século XX, Barriga Verde, que percorreu o país da man da familia Silvent en feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60. | Barriga Verde quedou na memoria de varias xeracións con expresións como "Morreu o Demo, acabouse a peseta". Ademais, segundo a Asociación Cultural Morreu o Demo, que quere recuperar a memoria deste personaxe e dos titiriteiros, "supón a nosa forma autóctona dunha antiga tradición de títeres que se estende por toda Euro... |
NOS_29708 | Con independencia das copias do escudo da Galiza que Pedro de Gracia Dei divulga e que se reproducen en non poucos manuscritos, cómpre facer memoria doutro documento gráfico de suma importancia para estas investigacións: o mapa que Fernando Álvaro Secco confecciona. | Con independencia das copias do escudo da Galiza que Pedro de Gracia Dei divulga e que se reproducen en non poucos manuscritos, cómpre facer memoria doutro documento gráfico de suma importancia para estas investigacións. Este vén a ser o mapa que Fernando Álvaro Secco confecciona co obxecto de dar luz nas discusións di... |
QUEPASA_746 | A súa deseñadora, Blanca Gómara, participará na VIII Xornada da Moda Sostible que se celebra os días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe da capital española. | Camariñas estará moi presente na Slow Fashion Next , que se celebra en Madrid os próximos días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe Alí presentarase, como novidade, unha almofada de realizada con Encaixe 'eco-friendly', isto é, con materia prima biodegradable (un fío feito cun material chamado Greencel) e respectuosa co me... |
NOS_39004 | O concello da Porqueira ocupa un estreitamento do val do río Limia, na parte sur da chaira, e elévase cara ao sur, acadando as máximas altitudes no linde cos concellos de Calvos de Randín e Os Blancos. | Como moitos concellos do interior da Galiza ten unha baixa densidade de poboación (43 quilómetros cadrados e 815 habitantes) e carece de núcleos importantes. Neste espazo acolle destacados valores naturais (soutos e carballeiras con exemplares monumentais), etnográficos (hórreos, casas, pontes...) e histórico-artístico... |
NOS_39119 | A Cidade da Cultura fechou o Museo de Galiza o día 14 de maio para proceder á instalación da que será a exposición máis custosa da historia de Galiza. Con Gallaecia Petrea trasladaranse ao Gaiás arredor de catrocentas pezas de pedra, algunhas de até dez toneladas de peso. | Para a primeira grande exposición do Museo de Galiza da Cidade da Cultura, a Xunta designou como coordinador de comisarios a Miguel Fernández Cid, o que fora director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) con Xesús Pérez Varela como conselleiro. Para a montaxe, a Consellaría convocou tres concursos que foron da... |
NOS_38870 | Máis un número saído do prelo e cargado de novas. A venda do aforro galego á banca venezolana, o referendo de autodeterminación catalán e a nova Política Pesqueira Común aprobada por Bruxelas, son algúns dos contidos que poderás atopar, coma cada semana, nos quiosques. Aliás, un AFondo sobre Rosalía de Castro achéganos... | A piques de comezar as ferias, Sermos Galiza sae ás rúas do país cargado de información. No número 78 do semanario, que xa podes mercar na nosa loxa, falamos da venda de Novagalicia Banco. A adxudicación da entidade financeira ao grupo venezolano Banesco deixa a Galiza sen unha ferramenta fundamental para o desenvolvem... |
PRAZA_2732 | O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores | Julio Abalde será o novo reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pola contra, Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores. A vitori... |
PRAZA_20979 | O ano da COVID destruíu máis de 15.000 empregos no país, ao que se suman as case 34.000 persoas en suspensión temporal. | O ano da pandemia destruíu 15.100 empregos en Galicia, segundo os datos que se tiran da Enquisa de Poboación Activa (EPA). O impacto do coronavirus supuxo unha importante caída no número de persoas ocupadas no país, que queda no cuarto trimestre nun total de 1.080.900 logo dese descenso do 1,4% con respecto ao mesmo pe... |
NOS_15006 | Xavier Soto Valenzuela foi fusilado contra as tapias do cemiterio de Lugo. Xornalista, dramaturgo, animador de actividades culturais e deportivas e nacionalista rexo, cumpriu con el e coas súas convicións, modeladas a carón de Manuel Antonio, un 17 de decembro de 1936. | Era un nacionalista de primeira hora. Ligado a aqueles núcleos minoritarios que impulsaron a primeira estrutura nacionalistas en Vigo, incorpórase formalmente ás Irmandade da Fala a finais de 1918, ocupando co tempo o cargo de primeiro conselleiro e tamén de presidente da mocidade nacionalista, co poeta Manuel Antonio ... |
QUEPASA_216 | Empresas de distintos sectores, como Grupo Calvo, Gadisa, Herfraga, Mapfre ou Prosegur, recollerán currículos e farán entrevistas de traballo | Máis de 100 mozos e un total de 20 empresas inscribíronse ata o momento para participar na IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña, que por primeira vez celebrarase en Carballo. Será o próximo 4 de abril, no auditorio de Fórum Carballo, de 10.00 a 14.00 horas. No acto de apertura, cuxa inauguración correrá ... |
PRAZA_6673 | O xornalista Anxo Lugilde presenta este venres 'De Beiras a Podemos', o novo libro editado por Praza e Meubook no que o autor analiza a "podremia" do actual sistema político, as súas orixes e os vieiros polos que pode transcorrer. "É importante analizar a política galega sen mirar tanto cara a Madrid e, nalgúns casos, ... | "É importante analizar a política galega sen mirar tanto cara a Madrid" Anxo Lugilde (Lugo, 1970) é un dos cronistas de referencia da política galega. Xornalista, polítólogo e doutor en Historia Contemporánea pola USC, analiza a vida política do país dende hai máis de 20 anos. Na última década vén traballando como corr... |
NOS_42092 | As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza aumentan a 3.316, de acordo coa información facilitada polo Sergas. | Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso na Galiza, cun total de 14.909, segundo datos actualizados esta sexta feira pola Consellaría de Sanidade. Con rexistros até as 18 horas da quinta feira, e de acordo coa información publicada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) recollida por Europa Press, os pacientes ing... |
PRAZA_4335 | O Goberno galego xustificou a súa marcha atrás nas críticas de "determinados colectivos". Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dunha rotunda negativa por parte das tres institucións, que presentaron un plan de dixitalización alternativo, asentado na presencialidade e na autonomía universitaria. Entrevis... | A Xunta xustificou a súa marcha atrás na "utilización da iniciativa para a confrontación que están a facer determinados colectivos". Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dun rotundo rexeitamento do plan por parte das tres universidades galegasEste martes ao mediodía a Consellaría de Educación anunciaba ... |
NOS_8210 | Antes do Laxeiro gran pintor de raíz expresionista e tenebrismo popular, houbo outro: o que debuxaba cadriños humorísticos na prensa. Unha mostra na fundación ao seu nome -con sede en Vigo- repasa as súas colaboracións en El pueblo gallego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930. | O Laxeiro menos coñecido recibe así o tratamento que, ao ver do comisario da exposición, Manuel Igrexas, merece. O artista de Lalín -Xosé Otero Abelendo de nome- contaba apenas 20 anos cando se iniciou no xornalismo gráfico. "A unha idade tan temperá podemos falar dun estilo propio", sinala a nota remitida pola fundaci... |
NOS_18333 | A central sindical considera indignante que se impida a mobilización "mentres se permiten actos de exaltación fascista" | A CIG informa que o TSXG vén de desestimar o recurso contencioso administrativo interposto pola central sindical contra a resolución da Subdelegación do Goberno de Pontevedra pola que se denegaba o dereito a manifestarse esta sexta feira, día 1 de outubro, das 10:00 ás 14:00 horas, coincidindo coa celebración da última... |
NOS_6361 | O lider de Anova e AGE interrompeu as preguntas dos xornalistas sobre este tema, alegando que eclipsaría o asunto que trataba na comparecencia de prensa: a proposta de resgate público do Hospital de Vigo. | Na proposta de pacto que Podemos-Barcelona En Comú-En Marea presentou ao PSOE non aparece Galiza nin unha soa vez. Un documento de 98 páxinas nas que non se recolle ningunhas das propostas que a coligazón galega, En Marea, presentou publicamente como as súas propostas para poder outorgar o apoio a un goberno de Pedro S... |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.