ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_43335
Ignacio Ramil é especialista en Medicina Interna no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Advirte de que o coronavirus non mudou e calcula que só na área sanitaria da Coruña o número de contaxiados desde o inicio da pandemia atinxiría entre 20.000 e 25.000 persoas.
Hai quen di que o virus mudou e que é menos agresivo. Vostede non defende esa idea.É unha idea equivocada, porque non podemos comparar os casos de infeccións que hai agora na rúa cos de marzo, cando tiñamos unha fotografía moito máis irreal que a actual. Agora somos nós quen imos á rúa diagnosticar e en marzo diagnosti...
NOS_38884
Unha derrota tan inapelábel como a sufrida por Marea Atlántica o 26 de maio —11.567 votos e 4 escanos menos que en 2015— costuma levar aparellada a asunción de responsabilidades en primeira pesoa. Así o entende Xulio Ferreiro, quen anunciou esta cuarta feira o seu abandono do Palacio de María Pita. Deixa atrás 4 anos c...
Ferreiro compareceu perante os xornalistas, no palacio de María Pita, arroupado por compañeiras e compañeiros do grupo municipal saíntes, algúns dos cales como José Manuel Sande ou Rocío Fraga non recuncaron na candidatura este 26M, para materializar unha renuncia que na súa contorna persoal e política se daba por feit...
NOS_6860
A condutora do programa 'La Mañana', Mariló Montero, vulnerou practicamente todas as recomendacións dos códigos deontolóxicos ao entrevistar un dos homes que atopou o corpo da nena e lanzar especulacións sobre por que un dos brazos pasara de estar sobre o peito a estar estirado.
"Se di que primeiro tiña o brazo no peito e despois estirado puido ser pola costa, pola gravidade; se acababa de ser asasinada aínda estaba brandiña". Son as palabras da presentadora dun programa que se emite na televisión pública española, 'La mañana', lanzando especulacións que explicasen a información facilitada pol...
PRAZA_6102
A mediados de xuño de 2007 Hamás tomou plenos poderes da Franxa de Gaza e Israel vingouse impondo máis sancións económicas e anulando a circulación de persoas e mercadorías. Familias e comerciantes explican as dificultades para tratar enfermidades, acceder a medicamentos ou a alimentos básicos.
Reportaxe elaborada dende Gaza antes do inicio dos ataques israelís "Alguén nos vai a escoitar se falamos?", lamenta Ruaida, unha nai palestina que malvive nun dos lugares con maior densidade de poboación do mundo, o campo de refuxiados de Yabalia na Franxa de Gaza. Case sempre é a mesma actitude: ausencia de ánimo, im...
PRAZA_15110
O blog Diario de Palestina relata a estraña normalidade coa que se vive un domingo en Belén, a 70 quilómetros de Gaza, baixo o ataque de Israel.
O blog Diario de Palestina relata a estraña normalidade coa que se vive un domingo en Belén, a 70 quilómetros de Gaza, baixo o ataque de Israel. Os domingos as rúas énchense de xente en Belén; dos que comezan a semana laboral, dos que van rezar a calquera das diferentes igrexas que ocupan a cidade, e dos que visitan o ...
NOS_19442
Producíronse seis falecementos nas últimas 24 horas en catro residencias de maiores da Galiza, segundo confirmou a Consellaría de Política Social.
O número de vítimas mortais con coronavirus que faleceron nas instalacións das residencias de maiores da Galiza suma seis falecementos máis desde a quinta feira, polo que eleva a cifra a 27 mortos con COVID-19 nestes centros desde que a pandemia empezou a afectar ao país, segundo confirmou a Consellaría de Política Soc...
NOS_36790
A axencia de noticias Sputnik asegura que o patrón galego e parte da tripulación xa teñen os pasaportes para volver á casa.
Xusto un día despois de que Bueu, a localidade de onde é natural Pablo Costas, o patrón retido no Iemen desde hai 11 meses, clamase pola súa liberación, as autoridades do país asiático parecen ter dado a orde de liberación do capitán do 'Cobija' e do resto da tripulación. Segundo avanza a Nós Diario Manolo Caamaño, ase...
NOS_10626
Apostan en dar voz a entidades e colectivos relacionados co monte e o rural fronte unhas propostas, as da administración, que consideran que son "á medida de Ence".
A Alianza Rural Galega fixo entrega na sede administrativa da Xunta, San Caetano, dun documento "alternativo" ao plan forestal que está a preparar o goberno galego para substituír o vixente, que data de 1992. A Alianza identifica a proposta que está a facer a Xunta con "máis eucalipto e máis Ence". Denuncian que o plan...
NOS_32020
Segundo publica La Voz de Galicia, os riazor blues poderían voltar sobre os seus pasos e, como xa fixeron en 2003, poderían acordar a súa disolución.
O espírito de 2003 era basicamente non dar cancha á violencia nas bancadas dos blues. No comunicado en que anunciaban daquela a súa disolución, líase textualmente: «Por moi grande que sexa, ningunha bandeira paga a pena si debaixo dela pode agacharse un só violento». Mais pouco tempo demoraron en voltar a escena os Ria...
PRAZA_1732
Os traballadores forestais manifestáronse en Compostela denunciando o "desmantelamento" do servizo público de prevención e extención. Os sindicatos demándanlle á Consellaría a apertura dunha mesa de negociación.
"Quen apaga o lume? Somos nós e non a UME". Centos de traballadores forestais manifestáronse este mércores en Compostela en denuncia da "situación de desmantelamento" do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), pertencente á Consellería do Medio Rural, e alertando de que Galicia "non...
NOS_43219
A Consellaría de Educación remitiu aos sindicatos un informe dos servizos xurídicos da Xunta que declara inviábel a acumulación da Oferta Pública de Emprego (OPE) docente deste 2020 coa de 2021, como reclamaban os sindicatos e o colectivo de futuras opositoras.
Con este informe na man, Educación confirma que abrirá a inscrición para o proceso selectivo para os corpos de funcionariado docente correspondente á OPE deste ano, adiado ao ano que vén pola crise do coronavirus, o vindeiro 1 de xuño, baixo o argumento de "blindar o proceso e a totalidade das prazas". A decisión, aval...
NOS_23588
Non haberá lista unitaria de país que vaia desde a CUP até o PDeCAT. ERC propón como alternativa unha "fronte común programática" desde opcións eleitorais distintas.
Non haberá lista unitaria porque non son sintetizábeis as distintas estratexias dos partidos soberanistas. Nen a CUP nen o PDeCAT manexaron en ningún momento a hipótese de iren xuntos nunha mesma candidatura. ERC tampouco vía desexábel a repetición da fórmula Junts pel Sí, a máis votada nas eleccións de setembro de 201...
NOS_10234
O Comité Clínico reúnese para preparar o final do estado de alarma coa ampliación dos horarios comerciais, que afectan sobre todo a hostalaría, enriba da mesa. O Ministerio de Sanidade fía o control da pandemia aos distintos territorios malia a oposición dalgunhas representantes no encontro do Comité Interterritorial d...
O Comité Clínico que asesora a Xunta da Galiza en materia de sanidade reunirase mañá nunha xuntanza extraordinaria para avaliar a ampliación de horarios comerciais a partir do sábado, unha medida que se agarda sexa aprobada, sinalou hoxe nunha rolda de prensa en Lugo Alberto Núñez Feixoo, presidente da Galiza. A situac...
NOS_28536
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña faise eco da denuncia dunha paciente que asegura que a Xerencia do hospital "dá citas falsas para fecharnos a boca".
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña fíxose eco da denuncia dunha paciente que tras acudir ao servizo de Atención ao Paciencia e advertir de que poría en coñecemento dos medios de comunicación a demora nas citas recibiu unha data que lle anularon pouco despois vía telefónica. "A paciente ten problemas ...
NOS_22774
A Federación REDE vén de presentar perante a Fiscalía a denuncia da "situación neglixente e de abandono que se vive neste momento tan delicado nas residencias galegas, particularmente as do grupo DomuVi". Nas últimas horas incrementáronse en 29,5% os contaxios neste tipo de centros.
Tal e como publicou Nós Diario, a crise do coronavirus evidenciou a situación precaria que se vive, a nivel xeral, nas residencias de maiores ao longo do territorio galego. Porén, esta circunstancia vén de lonxe. A Federación REDE, da que forman parte asociacións de usuarios e familiares de residencias e dependencia, v...
NOS_35190
Após coñecerse a decisión adoptada pola Consellaría de Educación, en coordinación coas reitorías das tres universidades galegas, de manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020, sindicatos e colectivos estudiantís rexeitan a viabilidade de manter a actividade lectiva virtual e r...
"O curso xa está rematado de facto e ninguén o pode negar. Os efectos do estado de alarma existen e, lonxe de procurar que desaparezan, cómpre asumilos canto antes para traballar por paliar as súas consecuencias negativas", apuntan desde a Asemblea Nacional de Estudantes Galegas, Anega, que reclama a "suspensión inmedi...
NOS_49837
Em discurso no Palácio do Planalto, nesta segunda, dia 31, a presidenta Dilma Rousseff fez uma declaração sobre o aniversário dos 50 anos do golpe militar que deu início à ditadura no Brasil, na noite de 31 de março de 1964.
Dilma lembrou que 50 anos atrás o Brasil deixou de ser um país de instituições ativas, independentes e democráticas e que por 21 anos nossa liberdade e nossos sonhos foram calados, mas que graças ao esforço de todas as lideranças do passado, dos que vivem e dos que morreram, foi possível ultrapassar os 21 anos de ditad...
NOS_54559
As cartas están xa sobre a mesa: Casado rexeita a oferta de integración que lle formulou Santamaría e disponse a asaltar o poder orgánico no PP, na votación decisiva das delegadas ao congreso a se realizar o vindeiro 21X. Ou hai unha mudanza pouco probábel no taboleiro ou as compromisarias do PPdeG apoiarán Casado para...
Soraya gañou a primeira volta das primarias do PP, mais sen a suficiente marxe —apenas 1.600 votos de diferenza a respeito de Casado—para que a súa candidatura vaia ser asumida por aclamación polo conxunto dos e das delegadas ao congreso. Agora, as e os 2.612 compromisarios teñen na súa man decidir quen ostentará a pre...
NOS_23754
Vanesa Trevín Pita traballa como arqueóloga profesional desde o ano 2012. Actualmente é a directora das escavacións arqueolóxicas do Castro de Doade, en Lalín, e representa xunto con outros compañeiros a iniciativa empresarial CADO Arqueoloxía desde 2019. A partir de 2016 entra no proxecto Sikait Project, que investiga...
-Como chega á arqueoloxía? No meu caso cando era pequeniña quería ser arqueóloga, mais logo atravesei varias fases, desde querer traballar nun salón de peiteado até ser bióloga, pasando por ser astronauta... No instituto dábase moi ben a historia e foi o que fixen malia que a miña familia non estaba moi de acordo por p...
PRAZA_1031
O ex secretario xeral dos socialistas abandona o seu escano na Cámara antes de, con toda probabilidade, ser xulgado por un presunto delito de prevaricación continuada na súa etapa como alcalde do Carballiño. Vázquez reitera a súa "tranquilidade" e sinala que se defenderá "como un cidadán máis".
"Tomo esta decisión para ninguén diga que me agacho por tras do Parlamento de Galicia". O ex conselleiro de Medio Ambiente, ex secretario xeral e ex candidato do PSdeG á Xunta, Pachi Vázquez, oficializou este luns a súa decisión de renunciar ao seu escano na Cámara galega para non mesturar a condición de deputado co pr...
NOS_9240
Os cabezas de lista da candidatura pechan a campaña cun mitin unitario en Vigo, acompañados dos alcaldes das mareas, facendo un chamamento a transformar a euforia colectiva en votos o 20D.
As candidaturas de En Marea puxeron fin á campaña electoral cara o 20D cun mitin unitario. No acto celebrado no Auditorio Mar de Vigo, os catro cabezas de lista fixeron un último chamamento ao voto para "liderar o cambio no Estado español desde Galiza". Estiveron acompañados polos alcaldes das mareas municipalistas e p...
PRAZA_2579
Serunion tamén renuncia á adxudicación, como antes o fixeran Perea Rojas e Villasenín. Os servizos xurídicos co Concello estudan as fórmulas para unha adxudicación directa para o que resta de curso e aseguran que, mentres, o servizo está asegurado
O concurso de adxudicación do servizo de comedores escolares en Santiago para os cursos 2015/16 e 2016/17 vén de quedar deserto trala renuncia das tres empresas que se presentaran (unha cuarta non acadara a puntuación mínima). Primeiro foi a gañadora da adxudicación, Perea-Rojas, que renunciou trala polémica espertada ...
NOS_48461
A RAG corre un serio risco, segundo o seu ex presidente. Sobre ela pende unha tripla ameaza: absorción, estrangulación e perda de identidade. Mas Ferrín se resiste a nomear as persoas ou entidades que porían en perigo a institución fundada por Murguía.
Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia con motivo de terlle concedido o Premio Otero Pedrayo, o ex-presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, reafirma a súa denuncia de que a Academia está en situación de perigo. "Quen ten que sabelas tamén as coñece. Hai moita xente que sabe cales son esas ameazas e o graves ...
NOS_1358
O condutor, Daniel P.B. de 37 anos, afirmou á Policía que levaba explosivos no vehículo. Interior activou o protocolo de seguridade para casos de atentado terrorista.
Un home estrelou o seu vehículo contra a sede xeral do PP, en Génova 13, pouco despois das sete da mañá desta sexta feira. No interior do turismo había 2 bombonas de butano e o condutor, ao ser detido, informou a Policía que levaba explosivos no coche. De inmediato se procedeu a acordoar a zona e activar a coñecida com...
PRAZA_3792
Diante das noticias que afirman que o Goberno está a estudar medidas para apoiar os medios de comunicación tralas peticións de varias asociacións de editores e xornalistas, as publicacións de prensa independente, que nos sostemos grazas ás achegas das e dos lectores, queremos transmitir a nosa inquedanza e solicitamos ...
Diante das noticias que afirman que o Goberno está a estudar medidas para apoiar os medios de comunicación tralas peticións de varias asociacións de editores e xornalistas, as publicacións de prensa independente, que nos sostemos grazas ás achegas das e dos lectores, queremos transmitir a nosa inquedanza porque esas ax...
NOS_37615
Entrevistamos a Manuel Rodríguez Doval, voceiro da recén presentada plataforma ´Voltar á Terra".
Manuel Rodríguez Doval é un dos miles de pais e nais galegos que viron marchar nos últimos anos aos seus fillos e fillas do país. En Ares, a vila onde reside e foi alcalde polo BNG, case non queda mocidade. Unha situación que se repite en cada recuncho da Galiza, que perdeu 200.000 habitantes dende 2007. Ante a magnitu...
NOS_30603
Após a decisión da CUP de non concorreren aos comicios europeos, o portavoz da fronte nacionalista di que reconsiderarán as opcións. "Esta semana os órgaos do BNG tomarán a decisión. As opcións son dúas: ir con EH Bildu ou ir con ERC".
O portavoz nacional do BNG asegurou en comparecencia de imprensa esta segunda feira que a decisión adoptada pola CUP o 9 de marzo de non concorrer ás eleccións europeas "obríganos a reconsiderar as opcións". @s independentistas cataláns optaron por non se presentar á cita do 25 de maio, co que imposibilitan a coligació...
NOS_54215
O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, sinalou que se vai "buscar unha solución" nun encontro para que "Alcoa diga claramente se quere continuar ou non".
O secretario xeral de Industria e a Peme, Raúl Blanco, trasladou no día de hoxe ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao que vai convocar a mesa multilateral para abordar o futuro da planta, tras o anuncio da empresa de realizar un despedimento colectivo de 534 traballadores da fábrica de aluminio. O presidente do comi...
NOS_18684
Esta sexta-feira 17 de febreiro, o escritor, profesor e colaborador de Sermos, Xoán Carlos Domínguez Alberte, presenta Versos para conversar (Galaxia) na libraría Punto e Coma, en Ourense. O autor estará acompañado do editor, Francisco Castro, e da interpretación musical de Manuel Ferro, que poñerá son aos versos.
-Escritor de poesía, teatro e ensaio, mais é a primeira vez que cultivas a literatura infantil non? -A primeira vez que a cultivo, non; a primeira vez que publico un libro exclusivo que trate esa temática, si. Xa en outros libros, como en Materia infinita, hai algún texto infantil. En exclusiva este é o primeiro. -De o...
NOS_25970
Malia que o Instituto Xeográfico do Estado español está a tramitar a petición do Principado para mudar o nome por 'Ría del Eo', un documento do Consello da Cultura Galega (CCG) indica que debe manterse o topónimo actual. Incide en que a aprobación provocaría unha "anomalía" que antes non existía.
O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de facer público un informe encargado pola Xunta da Galiza segundo o cal a documentación e cartografía histórica consultadas avalan o mantemento da denominación Ría de Ribadeo. A posibilidade dun cambio xurdiu pola petición do Principado de Asturies, que quere que sexa oficial o t...
NOS_26614
Dado que a incidencia na Covid-19 segue a incrementarse en Portugal, o Goberno de António Costa aprobou na quinta feira novas medidas restritivas que afectan todo o país.
Portugal rexistrou na quinta feira os peores datos diarios relativos ao novo coronavirus: 3.270 positivos máis e 16 falecementos. Ante o incremento de casos, o Executivo portugués, presidido por António Costa, aprobou na quinta feira novas medidas que endurecen as restricións implantadas nesta segunda vaga e que camiña...
PRAZA_6910
O presidente da Xunta non considera que o presidente de Estremadura teña que abandonar o seu cargo polas súas viaxes privadas ás Canarias a costa do Senado. O dirixente estremeño asegura non ter feito nada malo pero asegura que devolverá os gastos deses desprazamentos.
Feijóo defende a Monago e non cre que deba dimitir malia as polémicas que o arrodean. O presidente da Xunta de Galicia e do PP galego, non considera que o xefe do Executivo estremeño teña que abandonar o seu cargo, ao ser preguntado por esta posibilidade tras a polémica suscitada polas súas viaxes a Canarias na súa eta...
NOS_50700
A Xunta destinará 2,5 millóns a patrocinios destas características.
Un total de 238 clubs deportivos de primeiro nivel exercerán de embaixadores da Galiza e do Xacobeo grazas ao programa de patrocinios da Administración galega, que destinará 2,5 millóns de euros en apoios ás atletas de alta competición para convertelas "nas abandeiradas da Galiza" nos principais eventos e ligas deporti...
NOS_23925
O presidente do PSdeG-PSOE cualificou de "bo candidato" ao actual Presidente da Deputación de Lugo
O alcalde de Lugo e presidente do PSdeG-PSOE xa tería escollido unha opción para resolver a renovación do liderado no partido que se producirá nun congreso extraordinario das e dos socialistas galegos, que se prevé teña lugar antes do verán, logo do derrubamento electoral sufrido o pasado 21-O. López Orozco decantarías...
NOS_53075
Era filla de Afonso VI e, por conseguinte, sobriña do rei García da Galiza, un dos monarcas máis coñecidos non só no noso país senón, incluso, a nivel internacional. Así se constata no Romance de Santiago (Visen om Sankt Jakob) das Illas Feroe, onde Galiza é denominada como o país de García (Garsialand), do xeito que d...
Alén da proxenie que Afonso VI acada fóra do matrimonio, Urraca terá por medias irmás a Tareixa Afonso –condesa de Portugal–, Elvira –condesa de Tolosa–, unha outra homónima a esta –raíña de Sicilia– e Sancha –condesa de Liébana–. E isto sen termos en conta os parentescos e relacións de poder existentes por mor de ser ...
PRAZA_15394
A lectura tópica, miope incluso, da catástrofe do Prestige tivo consecuencias inmediatas e que aínda persisten. Insistiuse moito en que a vertedura do Prestige afectaba economicamente. Ben, isto non é máis que unha das múltiples afectacións posibles e diría eu, a menos importante, porque é doadamente solucionable. Se p...
O décimo aniversario do Prestige parecía un boa desculpa para debutar en Praza Pública, non só pola importancia de tal evento a nivel ambiental, social e político senón tamén a nivel persoal, posto que, como lle ocorreu a moitas outras persoas, a implicación foi máis aló do aconsellable dende varios puntos de vista, pa...
PRAZA_12289
O presunto líder da trama corrupta asegurou que a súa empresa, Laboratorios Nupel, patrocinou a festa do Arde Lucus e un programa de promoción da Muralla a cambio de favores urbanísticos nas obras dunha nave industrial. O alcalde de Lugo, que xa o denunciou por inxurias e calumnias, di "non saber que fixen" para ser im...
As declaracións xudiciais do presunto líder da trama Campeón, Jorge Dorribo, ante os xulgados de Lugo o 8 de agosto e o 13 de decembro de 2011. Estas semellan ser as motivacións que levan á xuíza instrutora do caso, Estela San José, a citar ao alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, a declarar como imputado por suposta pre...
NOS_36235
O presidente da Xunta afirma que a xustiza avalou a súa decisión mais esquece que as sentenzas do TSXG e do Supremo sinalan desviación de poder no proceder do seu goberno.
Após uns días da sentenza do Supremo que ratifica a ilegalidade da suspensión do concurso eólico ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), o presidente da Xunta afirmou no Parlamento que "sen dúbida", volvería facelo. Feijóo pronunciouse nestes termos logo de que o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, ...
NOS_3059
Os días 20 e 21 de novembro desenvólvese, no espazo Normal da Universidade da Coruña (UdC), a V Xornada da Sección de Literatura Dramática. Artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias.
A V Xornada da Sección de Literatura Dramática. Artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias está organizada pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) e que nesta ocasión se ve na obriga de desenvolverse en formato virtual a través da canle de Youtube da asociación. Desde a organización exp...
PRAZA_6679
Farta da nefasta actuación por parte da Consellería de Educación e da Xunta de Galicia, a ANPA do IES Vilar Ponte de Viveiro decidiu saír á rúa e visualizar ante a sociedade a situación que se vive no instituto
O dito é claro: "Non roías a man que che dá de comer". Pero… e se non che da de comer e por enriba che da labazadas? Farta da nefasta actuación por parte da Consellería de Educación e da Xunta de Galicia, a ANPA do IES Vilar Ponte de Viveiro decidiu saír á rúa e visualizar ante a sociedade a situación que se vive no in...
NOS_32261
A droga chinesa Sinovac "é a máis segura de todas", afirma Dimas Covas, director do Instituto Butantan de Sao Paulo, que colabora nas probas deste fármaco coa biofarmacéutica Sinovac Biotech.
O ministro de Saúde do Reino Unido, Matt Hancock, considerou onte improbábel que a chamada vacina de Oxford contra a Covid-19 poida comezar a aplicarse nas próximas semanas, tal e como asegurou o domingo un periódico británico. Prepararse para a súa aplicación e contar realmente co produto "son dúas cousas distintas", ...
NOS_26138
A manifestación denunciou a "política de privatizacións" impulsada pola Consellaría de Sanidade.
Máis de 3.000 persoas, segundo cálculo da organización, manifestáronse en Vigo contra o desmantelamento do Meixoeiro e na defensa da sanidade pública. A mobilización foi convocada pola xunta de persoal do Chuvi e a plataforma SOS Meixoeiro e decorreu no entorno do centro médico. "O Meixoeiro querémolo enteiro", "Feijóo...
QUEPASA_393
Os edís contrarios piden á Provincial do PSdeG que se abra expediente a Carballido
Continúa moi quente a crise de goberno en Ponteceso, ata o punto de o sindicato de traballadores CSIF (o maioritario) e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil tamén se manifestan. E fano para criticar a actuación do alcalde, Lois Carballido. CISF valor acodir á Xustiza Ata o momento non se teñen ...
PRAZA_6777
A Consellería de Francisco Conde achega fondos a cinco empresas editoras de diarios impresos para difundir a actividade do seu departamento. Este xeito de financiar os medios, criticado polo Consello de Contas e diversos colectivos profesionais, é unha constante en Galicia dende os anos 80.
Menos que o pasado ano, pero unha cantidade substancial. O pasado 12 de xuño a Consellería de Economía e Industria estampou a sinatura en cinco acordos con outras tantas empresas editoras de diarios impresos de Galicia. Tratábase de senllos convenios polos que estas compañías se comprometían a publicar nos seus xornais...
PRAZA_8137
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda mobilízase contra o vindeiro cumio europeo con diversos actos no país e contra unha débeda pública "que ten as súas orixes na propia UE".
A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda da Galiza (PACD-Galiza) mobilízase esta semana ante a celebración dun novo cumio europeo que, unha vez máis, volverá centrar os seus esforzos en "recuperar a confianza dos mercados". O nodo galego deste colectivo estatal, xurdido oficialmente hai dous meses, pretende analiza...
PRAZA_19581
A Deputación da Coruña presentou as conclusións do programa Suprime o Control de loita contra a violencia machista, que desenvolveu en 14 concellos e con máis de 600 mozos e mozas de centros de ensino da provincia. Falamos con Ánxela Franco, responsable da área de Igualdade. O Teatro Colón escoita as críticas e suspend...
O Teatro Colón escoita as críticas e suspende o espectáculo de Jorge Cremades A Deputación da Coruña ten en marcha un programa continuado de prevención e eliminación da violencia machista en centros de ensino -Suprime o control- que dende o mes de setembro traballou con 600 mozos e mozas de 3º e 4º da ESO de 14 concell...
PRAZA_1846
O lehendakari e o PNV afástanse das vías rupturistas e defenden un acordo previo entre partidos que defina a nova relación entre País Vasco e España. Os peneuvistas céntranse na bilateralidade, en contraposición coa aposta do nacionalismo catalán
"Eu, se fose Artur Mas, miraría ben antes de convocar unhas eleccións en clave plebiscitaria". Desta maneira expresábase un destacado dirixente do PNV inmediatamente despois de coñecerse os resultados nas urnas das eleccións municipais do pasado mes de maio. Aínda que publicamente tanto o partido que lidera Andoni Ortu...
NOS_30245
O noso país sitúase 11 puntos por riba da media estatal no sobresemento de denuncias por violencia machista. O 37,4% das ordes de protección son rexeitadas.
Após o asasinato machista en Dénia, o feminicidio número 12 no que vai de ano no Estado español e o segundo en menos de 7 días; a imprensa hexemónica salienta que a muller convivía co seu presunto asasino --á espera de confirmación xudicial-- malia posuír unha orde de afastamento. Unha medida de protección cautelar coa...
NOS_52181
A Plataforma Pola Defensa da Ría de Pontevedra entende que as declaracións do presidente da Xunta alusivas a esta empresa no seu discurso de investidura "rozan o ridículo absoluto". O presidente do colectivo, Antón Masa, di que os datos de emprego aportados non son reais.
A Plataforma Pola Defensa da Ría (APDR), un colectivo que naceu para loitar pola protección do estuario de Pontevedra ante a ameaza medioambiental da compañía Ence, lamentou esta quinta feira que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, empregara no seu discurso do debate de investidura no Parlamento unha referenci...
PRAZA_12092
Cesáreo Sánchez amosa a súa estrañeza por non teren sido convidados a participar, mentres que outros autores elevan as críticas.
Os escritores e escritoras galegas denuncian a súa marxinación dos actos organizados pola Xunta para conmemorar os cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Os actos institucionais, que foron presentados a semana pasada, contan coa colaboración do Consello da Cultura Galega, da Real Academia Galega, do Concello d...
PRAZA_2927
O novo balance do INE acredita que no último ano completo só Castilla-La Mancha medrou menos que Galicia. A renda dispoñible nos fogares galegos cae 77 euros e mantense por baixo da media estatal.
"Galicia anticipouse" e por iso vai ser "das primeiras" en saír da crise. Este foi o eixo argumental do Goberno galego dende que, en 2009, o gabinete de Alberto Núñez Feijóo arrivou á Xunta e izou en San Caetano a bandeira da "austeridade". Cumpría pasar a tesoira antes ca ninguén para, chegado o momento, volver medrar...
NOS_26860
O presidente non desaproveitou na súa réplica a oportunidade de furgar na división interna de En Marea. "Non diga que non acabo de axudarlle con esta réplica", dixo Feixóo após situar Compostela, A Coruña e Ferrol – cidades con alcaldes críticos con Villares- como concellos cun baixo nivel de cumprimento en investiment...
Feixóo sabe xogar na 'lameira política'. Unha táctica, non exclusiva do presidente nin do seu partido nin deste Parlamento, que Núñez Feixóo trae á tona preferentemente nas sesións de control ao presidente. Sesións nas que a oposición pregunta e o presidente responde convértense en sesións onde o presidente carga - sex...
NOS_23267
Após unha rodaxe de cinco anos no Macizo Central, vén de estrearse o documental Entre pastores e lobos no marco do Festival Internacional de cine do medio ambiente Suncine. En Nós Diario tivemos o pracer de conversar co director desta marabillosa cinta, Manuel Predrosa.
Os lobos son animais emblemáticos que espertan sentimentos contrapostos na sociedade. A súa figura evoca liberdade, admiración e unha actitude positiva na maior parte da poboación urbana. Sentimentos que se transforman en rexeitamento en amplas zonas rurais onde a convivencia con este mamífero é moito máis estreita. A ...
NOS_11782
A investigación da Xunta sobre a procedencia de lumbrigantes ovados empregados no polémico programa de Master Chef na Coruña conclúe que o marisco era "foráneo", non extraído en augas de Galiza.
Segundo explican fontes da Consellaría do Mar a Europa Press, constátase que non se produciu "ningún tipo de irregularidade" no proceso de comercialización destes exemplares ao non tratarse de produto local. Con todo, a Xunta condena a "mala praxe" e lamenta que o programa televisivo "ficcionase a proba na que se empre...
PRAZA_17573
CRÓNICA O posmarianismo é un calvario para Feijóo, que tivo que renunciar ao seu soño madrileño e viu como ficaba en cuestión o poderío do PPdeG e caía a súa candidata, polo que precisa un acordo deses que presentaba como do demo para non vivir co medo no corpo con Soraya de líder. Por Anxo Lugilde. Así tragou o PSdeG ...
Así tragou o PSdeG coa Valedora do PP, coa suave protesta do BNG e a máis leve aínda de AGE Alberto Núñez Feijóo nunca recoñeceu a lexitimidade democrática do bipartito, malia que nas eleccións de 2005 a suma de PSdeG e BNG superara en 110.000 votos aos populares sen que houbese ningún votante destas formacións que non...
NOS_45544
A parálise é case total no fútbol de base na Galiza. Os problemas económicos a consecuencia desa inactividade e da incerteza sobre a evolución da situación sanitaria ameazan con levar á desaparición moitas institucións con décadas de historia ás súas costas e que exercen un gran labor social con nenas, nenos e adolesce...
Hai apenas un ano o presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, quen fora un dos homes con máis poder dentro do PPdeG e máximo responsábel da Deputación de Pontevedra durante case tres lustros, sacaba peito e afirmaba que Galiza era "líder en España" en canto a licenzas por habitante, alcanzando un ...
PRAZA_9443
Resulta innegábel que o réxime franquista foi coñecedor e estivo moi ben informado sobre os pasos que o III Reich deseñaba cara á extinción total da poboación xudía en Europa. E colaborou con entusiasmo.
No relato da Guerra Civil e os inicios do franquismo os historiadores adoitan esquecer o relevante papel que os vencedores da contenda xogaron na chamada Solución Final do nazismo contra os xudeus. A pesar disto, infinidade de estudos amosan a boa sintonía ideolóxica mantida entre Franco e a Alemaña nazi e a Italia fas...
NOS_22843
O 17 de decembro era a data preferida por unha parte do nacionalismo para celebrar o Dia da Patria Galega. Malia que a II Asemblea Nacionalista de 1919 acordou instituír o 25 de xullo como festa nacional, o 17 de decembro mantívose até os anos 50 como unha efeméride chave do calendario nacionalista.
A escolla de 25 de xullo como Dia da Patria Galega non estivo exento de controversias. Neste sentido, os nacionalistas de matriz máis laica defenderon a celebración da festa nacional o 26 abril, data do aniversario do asasinato en Carral dalgúns dos dirixentes da revolución galega de 1846 ou o 17 de decembro, por coinc...
NOS_55650
Baixaron un 4,1% nos últimos doce meses. A nivel de Estado, a baixada foi do 3,6%.
Galiza encadea xa 26 meses con taxas anuais en negativo en prezos industriais. Os dados relativos a setembro que vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística apontan a que os prezos industriais baixaron un 1,2% no noso país entre agosto e setembro. En comparación inter-anual (setembro de 2104 e setembro de...
PRAZA_10999
O presidente da Xunta non incluíu a institución na axenda da viaxe institucional malia que vén de salvar o seu importante patrimonio e vender a súa emblemática sede tras anos de crise e risco de quebra
No Nadal de 2017, o Centro Gallego de Bos Aires (CGBA) celebraba unha asemblea de socios que activaba as negociacións para a venda da súa histórica sede e da xestión sanitaria. Logo de sete anos intervida polo Estado arxentino e cunha xigante débeda, a máis importante institución da emigración galega asomábase ao preci...
NOS_56647
Con dez dos trece membros do goberno de Santiago de Compostela pendentes do xulgado, todos con unha ou varias imputacións e sete xa chamados para xuízo oral, a situación crítica dos distintos departamentos faise insostíbel para a maioría do persoal que padece a paralización do goberno municipal.
A situación xudicial do goberno de Ángel Currás non esta a afectar só aos concelleiros e concelleiras implicados en asuntos xudiciais. O persoal do Concello padece día a día a extraordinaria crise que atravesa o consistorio e que afecta directamente ao funcionamento diario dos distintos departamentos do Concello. "A in...
PRAZA_19327
O popular Jacobo Moreira asegura que a pasteira ofrece 10 millóns de euros para instalar o seu centro tecnolóxico en Lourizán e rehabilitar o edificio, pero no pacto asinado coa Xunta figuran 5,6. Carmela Silva insta os conservadores a non "mentir".
O PP volve interceder por ENCE ante a Deputación de Pontevedra. Esta semana o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e mais a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, acudirón á sede da institución pontevedresa para reclamar aos seus responsables a cesión do histórico Pazo de Lourizán e os seus terreos para que a ...
NOS_10022
O medo na literatura de tradición oral será o tema das xornadas organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Expertas en narración oral, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, antropoloxía social e cultural analizarán distintas expresións da tradición oral tendo como eixo transvers...
Ter acceso a situacións imaxinarias perigosas ou conflitivas e saber como outra persoa as afrontou antes é un repertorio de instrucións para a vida. O medo que provoca un conto é útil para experimentar a realidade, mais sen riscos, para aprender a recoñecer as bondades e tamén os perigos do mundo. A través das historia...
NOS_7822
A Semana da Novela Negra, que terá lugar do 6 ao 15 de abril, ofrecerá charlas, obradoiros e proxeccións
A Libraría Pedreira inaugura esta sexta feira a Semana da Novela Negra. O lugar do crime estará no seu local, sito no bairro picheleiro de San Pedro. O público poderá gozar con palestras, obradoiros, debates e presentacións nas que participarán, entre outros, as autoras Ledicia Costas, Elena Gallego Abad, Diego Ameixei...
NOS_56222
O presidente rescata na súa comparecencia no Parlamento o argumentario da extrema dereita que vinculaba a expansión en marzo da Covid co 8-M.
Compareceu Núñez Feixoo hoxe no Parlamento para falar da evolución da pandemia e da vacinación e o seu discurso acabou nunha loa á xestión propia combinada con ataques á oposición e ao Goberno español e mesmo rescatando o argumentario (que xa parecía esquecido e caducado) da extrema dereita sobre a extensión en marzo d...
NOS_20217
Lembramos a proclamación o 27 de xuño de 1931 da República galega, entrevistamos o secretario xeral da CIG, paulo Carril, e o editor Henrique Alvarellos, ofrecemos unha nova entrega dos debates polo V aniversario, desta volta con Francisco Jorquera e Xesús Palmou a conversar sobre autogoberno. Todo isto, e máis, xa na ...
'A efémera República galega'. Foron só unhas horas, as do 27 de xuño de 1931, mais a proclamación da República Galega colocou as demandas do país nunha axenda política centrada nas eleccións ás Cortes Constituíntes a celebrar o día seguinte. Desa data, o historiador Xoán Carlos Garrido mantén que "debemos extraer algun...
NOS_4195
Os populares fixeron varios pagamentos a a Special Events e Pasadena Viajes, empresas chaves nesta trama de corrupción, entre 2006 e 2009. Así o desvela El Plural tomando como base a contabilidade do PP na Audiencia Nacional, á que tivo acceso
O PP de Galiza contratou con empresas da trama Gürtel tamén cando Núñez Feijóo estaba xa na presidencia do partido, extremo que sempre fora negado polo mandatario. Así o afirma El Plural, que indica que estes datos están na contabilidade oficial que os populares entregaron á Audiencia Nacional e aos que este medio tivo...
NOS_53914
Máis dunha vintena de hectáreas arderon desde a noite deste domingo entre Muíños e A Pobra de Trives.
Dous incendios forestais orixinados na noite deste domingo arrasaron máis dunha vintena de hectáreas durante a madrugada, nos municipios da Pobra de Trives e Muíños, segundo vén de informar a Consellaría do Medio Rural no seu último parte, con datos recollidos até as 8.30 horas desta segunda feira. O primeiro deles xur...
NOS_52441
O presidente do Ecuador foi re-elixido como candidato da Alianza País nunha Convención nacional en que mais de oito centos mil delegad@s apoiaron a candidatura de Correa nas vindeiras eleccións presidenciais.
En febreiro do ano próximo, Eucuador concorrerá ás eleccións presidenciais. Rafael Correa, presidente do país desde 2006 presentarase á re-elección após ser ratificado como candidato da Alianza Pais (Movemento Alianza Patria Altiva i Soberana, oficialmente), nunha Convención Nacional en que participaron máis de 800 mil...
PRAZA_3750
Fronte ás 20 persoas que autorizaba o Goberno galego nas comitivas de despedida, o Ministerio de Sanidade permite un máximo de tres e prohibe que as empresas cobren máis
Fronte ás 20 persoas que autorizaba o Goberno galego nas comitivas de despedida, o Ministerio de Sanidade permite un máximo de tres e prohibe que as empresas cobren máisO Ministerio de Sanidade vén de publicar este luns no Boletín Oficial del Estado (BOE) unha orde pola que establece restricións polo coronavirus nos ve...
NOS_34727
Mil trescentas páxinas emprega o historiador Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960) en narrar os feitos de vida e obra de Castelao entre 1886 e 1930. O primeiro tomo da súa gran biografía sobre o rianxeiro, titulada Castelao. Construtor da nación, xa está nas librarías da man de Galaxia e o Consorcio de Santiago.
"Este traballo é o compendio de investigación e recollida de datos e documentación", sinala a editorial nun comunicado. Esta primeira parte abranxe "o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar o...
NOS_29556
Entregou, por orde xudicial, o informe redactado pola ex conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás no que o Consello da Xunta baseou a súa luz verde á operación. "É un informe pouco rigoroso, no que non se xustifica o apoio á fusión en ningún informe nin interno nin externo, dando por bos o plan e as contas presen...
No límite da data de entrega, o 23 de decembro, a Xunta da Galiza rexistrou o informe da ex conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, no que o Consello da Xunta se baseou en 2010 para dar luz verde á fusión de Caixa Galicia e Caixanova. O ex deputado Antón Sánchez vén de recibilo sete anos despois de solicitalo p...
NOS_34451
Ademais de dedicarse profesionalmente á música, Vera Kolar é profesora de cámara, orquestra e violonchelo e forma parte da cooperativa que, en 2005, decidiu facerse cargo do Conservatorio Histórico de Compostela. Conversamos con ela arredor do inicio do curso, das medidas fronte á Covid-19, da posibilidade de ofrecer f...
Cales son as chaves deste curso vencelladas aos protocolos da Covid-19? O corpo docente fixo un curso sobre a Covid-19 para coñecer máis profundamente como actuar sobre esta cuestión sanitaria. Ademais, por suposto, fixemos unha limpeza xeral e de desinfección do edificio, dispuxemos xel hidroalcólico naentrada de cada...
PRAZA_19564
Que Anova reforce o seu espazo propio é valido e ademais preciso, mais sempre para dar continuidade con máis folgos ao proceso galego de acumulación de forzas cara a ruptura, que é o seu verdadeiro sentido de ser. Por iso é tan importante manter os espazos de confluencia plurais, abertos, vivos e colaborativos.
Non é novidade que no noso País, especialmente nos círculos máis endogámicos dos partidos da esquerda transformadora, sexa habitual falar de pre-conceptos ideolóxicos como o xa manido "canto de nacionalista teñen ou son individuos ou espazos de unidade popular". Botar man de subxectividades do tipo, por veces desemboca...
NOS_34480
Pablo Casado acompaña Núñez Feixoo na Coruña, carga contra o Goberno de Pedro Sánchez e lamenta a falta de fondos nos Orzamentos Xerais do Estado para o Xacobeo.
O presidente do Partido Popular e líder da oposición no Estado español, Pablo Casado, viaxou á cidade da Coruña para intervir nun encontro público co titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feixo, baixo o lema "Galicia: máis investimentos, menos impostos". Na súa intervención desta sexta feira, 18 de decembro, o pre...
QUEPASA_60
Falamos con 8 alcaldes/as da comarca para saber que opinan da comunicación entre administracións
O alcalde de Santa Comba foi o primeiro en lamentar á falta de información á que se enfrontan os rexedor@s. A administración máis cercana á poboación, que podería tomar medidas de prevención en función dos casos concretos que se puidesen dar en cada parroquia, está orfa. O número de casos positivos é un dato absolutame...
NOS_22985
É a 14ª vitoria do ferrolán nunha Copa do Mundo. A proba realizouse sobre a distancia sprint: 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé.
O ferrolán Gómez Noya conquistou un novo triunfo para o triatlón galego, ao gañar a Copa do Mundo de Cozumel (México), unha proba onde outro galego, Uxío Abuín (de Lestrove, Dodro) foi décimo. Gómez Noya suma así xa catro vitorias consecutivas e é o seu 14ª triunfo nunha Copa do Mundo. A que se desenvolveu en México es...
NOS_2362
Monstros da Máquina. Vol. I é o título do primeiro EP temático colectivo do selo cooperativo Discos da Máquina. Conterá cancións inéditas de todas as bandas do proxecto dedicadas a distintos personaxes e sairá para fins da primavera.
A cadela Laika, Apóstolos Mangouras, Lance Armstrong ou Antoine de Sant-Just son algunhas das figuras ás que as bandas de Discos da Máquina lle dedicarán cancións no EP Monstros da Máquina. Vol. I que agardan sacar por volta de fin da primavera. A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Ataque Escampe, Caxade, Das Kapital...
NOS_14391
O presidente da Xunta restou importancia á propagación do virus no eido laboral e educativo, e puxo o ollo sobre o ocio universitario. Pese a Núñez Feixoo augurar que a situación "non é boa", a Xunta segue sen pór unha cifra mínima de fondos que a Galiza precisará para a reconstrución.
A situación epidemiolóxica da Galiza "non é boa" e, de manterse a mesma tendencia, "haberá un aumento na hospitalización e nos falecementos", advertiu esta quinta feira, 15 de outubro, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, após a reunión semanal do Consello da Xunta. Despois de Ourense, a área que máis...
NOS_56406
A Catedral de Santiago conta con ingresos millonarios que non declara. O roubo do Códice Calixtino abre a porta ao que debería ser unha investigación económica en profundidade por parte das autoridades.
O roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino xunto a grandes cantidades de diñeiro en efectivo procedentes da Catedral de Santiago, polo de agora 1,7 millóns de euros e 30.000 dólares, abriron o grande interrogante dos recursos económicos cos que conta a Cabido de Santiago e dos que pouca ou nula información te...
NOS_41517
O tripulante do pesqueiro que se atopaba en estado crítico faleceu segundo a información facilitada polo 112. As equipas de emerxencia seguían a traballar na zona do accidente malia o mal estado do mar até que un dos buques que colaboraba no operativo deu co corpo do desaparecido.
O temporal que azouta Galiza, tamén en alta mar, volveu traer esta quinta feira malas novas a terra. O pesqueiro Sempre Güeto naufragou cos seus dez tripulantes a bordo. Nove deles foron rescatados, mais un deles que se atopaba en estado crítico acabou falecendo. Os equipos de emerxencia informaron de que outra persoa ...
NOS_30866
Ximena González expresou no transcurso do pleno municipal a súa opnión de que Arnaldo Otegi está na cadea por defender "a liberdade do seu país". O PP galego xa a atacou,mesmo nas redes sociais, por dicir iso. O rexedor socialista exixiulle que retirase esa opinión
Falar de Otegi na Galiza (aínda) proe. "Apoio a Arnaldo Otegui que está preso por defender a libertade do seu país". A frase da concelleira nacionalista Ximena González no transcurso do pleno de Ourense xerou o malestar tanto do alcalde socialista como do PP de Galiza O rexedor do PSdeG instouna a retirar a frase, pron...
QUEPASA_844
Vén de: Galicia escura, Fisterra viva: Historias de barcos e mariñeiros da ría de Corcubión (1).
Utilizamos a reseña xornalística publicada na Voz de Galicia do 26 de setembro de 1925 por Jerónimo Figueroa Domenech, como punto de partida para reedificar unha interesante historia de barcos construídos nas praias de Quenxe e Corcubión: desde faluchos a bergantíns, desde polacras e balandras a pailebots, desde corbet...
NOS_42702
Comeza a conta atrás das efemérides deste ano coa programación do centenario de Cela que vén de presentar a Xunta, onde colabora co Ministerio e con outras moitas institucións, tamén privadas.
A Xunta presentou hoxe, sexta feira, en Padrón a programación do aniversario do novelista de Iria Flavia, na que destaca unha exposición na Biblioteca Nacional de España e na Cidade da Cultura. O calendario de iniciativas, que inclúe exposicións, un congreso, cursos, un ciclo de cine, novas edicións, certames literario...
PRAZA_5898
O pasado 14 de xuño faleceu aos 86 anos na Coruña María Wonemburger, referente mundial no mundo matemático que non foi recoñecida en Galicia ata o derradeiro treito da súa vida
"Resulta inexplicable que se puidese estar tan preto dela sen o saber". O Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega fala nestes termos de María Wonenburger Planells, a eminente matemática galega falecida o pasado sábado na Coruña cuxa brillante traxectoria científica e cultural non se correspondeu, cando menos at...